A bolboretiña do día | O campo de ver

undefined
Nas palabras dun campo semántico, as relacionadas polo significado, non son totalmente equivalentes entre as linguas... unha riqueza e un desafío para os tradutores. Os que traducimos de inglés a galego, moitas veces dubidamos se poñer “ti” ou “vostede” onde o inglés di “you”. En fin, sabemos que os de Vigo nunca “ven”, sempre “miran”. A un de Ourense resúltalle raro iso de “Onte non te mirei”. Pero alén diso, o noso campo xeral de ver ten unha forma neutra, ver, e outras específicas. Moitas comúns co castelán: Mirar, con descoido; observar, con atención; reparar de repente- pero outras varias son específicas nosas. Ollar é mirar con certa atención (Ollaba a rúa desde a ventá), pero tamén a expresión dos ollos (Ten un ollar tristeiro desde que lle pasou o que lle pasou). Espreitar, axexar, ou guichar sería mirar algo con atención procurando non ser visto. Albiscar, enxergar ou divisar son tres formas para ver con dificultade o que está lonxe. En fin, cantas máis usemos, máis matices expresarmos, máis rico e ben falamos.

Te puede interesar