A bolboretiña do día | Corridas e carreiras

Do participio do verbo comer sae comida; e do de correr, corrida. Por iso falamos de “corridas” de touros, sempre correndo dun lado para outro na arena; e  por iso os portugueses usan sempre este substantivo para todo o que teña que ver con correr. Así, corridas de cabalos, corridas de fórmula 1 ou de motos. Porque a verdade, “carreira” orixinalmente ten que ver co lugar de paso dos carros e carretas (Carreira dos defuntos, chamouse a rúa Juan Manuel Bedoya no século XIX) e, xa un “carreiro” é un camiño dificultoso e con pouco tránsito. O dicionario da RAG di que ambas -corrida e carreira- son xa sinónimos e tamén os dicionarios portugueses falan desta sinonimia pero de forma moi secundaria. Así, pois, deámoslle un oco as corridas de coches, porque é do que tratan os rallys, de correr e correr e queimar gasolina.

Te puede interesar