A bolboretiña do día | Do verbo queimar

Bolboretiña.
photo_camera Bolboretiña.
Verbo feo. Vén dunha corrupción latina do verbo “cremare”, seica influído por unha forma grega “kaima”, calor, ardor, e que daría “caimare”. Queimar ou cremar, popular ou culto, sería, como saben, reducir a cinzas algo. Como nos crematorios. Hai un paralelo curioso con isto da altas temperaturas. A mesma relación que hai entre queimar e arder, haina entre quentar e quecer. Se eu queimo o monte, o monte arde. Se eu quento o leite, o leite quece. E de queimar, vén o participio “queimada” (unha zona queimada) e o participio retracto -ou sexa máis curto ca o verbo, “queima” que usamos substantivado para unha acción e efecto de queimar algo. Desde hai poucas décadas existe a palabra “queimada” para esa bebida ardente de múltiples receitas. Os portugueses, sobre todo no Brasil, falan de “queimadas” para os incendios, porque normalmente veñen de “queimas” descontroladas.

Te puede interesar