Cultura

A bolboretiña do día: "falar con énfase"

Cultura

BOLBORETIÑA

A bolboretiña do día: "falar con énfase"

E  como facemos para dar énfase a unha afirmación ou negación? En castelán, “Claro” ou “Por supuesto”, pero en galego queda máis enxebre usar o vello  "Abofé" ou as formas “Certo” e “Con certeza”.

-Foiche complicada a cousa? -"Abofé que si" ou "Abofé que o foi", “Certo””.

-Quedaches contento co 3 no exame do outro día? “Abofé que non!”, “Con certeza, non”

Obviamente, “abofé”, palabra que aínda usan algúns vellos e rexistrada desde os inicios do s.XIX, vén dunha contracción da expresión  “A boa fe”.