A FALA DOS VELLOS

A bolboretiña do día: "Para gañar tempo"

wordcloud

Todas as linguas teñen unhas fórmulas para gañar uns segundos mentres pensamos o que imos dicir ou para empezar unha conversa informal. En inglés é “Well...”, en castelán peninsular “Bueno...”.

En galego debemos conservar as propias, as enxebres, (Ben, Pois, Entón, Logo, E logo...) e ir deixando os “Bueno” só para a lingua castelá. 

Pensen na seguinte “ridiculez simétrica”. “Bueno, que che parece se imos a Santiago?” / “E logo, que te parece si vamos a Santiago?”. Entenderon, non sí? A cada lingua o seu. 

Non lle botemos auga ao viño nin viño á auga.

Te puede interesar