A bolboretiña do día | Influencias, viaxes e turismo

descarga
A palabra “influencia” é un cultismo latino que se compón, groso modo, de in -cara adentro, e fluencia que é a acción de fluír. E así, como as persoas sempre nos influímos unhas noutras, as linguas igual. Agora a dominante é o inglés e case todo vén del (hotel, fútbol, surf, rock, heavy, wifi...). Pero durante séculos mandaba o francés e del nos chegaron centos de palabras que temos tan naturalizadas que xa non detectamos nelas arrecendo foráneo. A palabra “turismo”, por exemplo, vén de “tour”, do verbo francés “tourner”, simplemente o noso tornar, que xa no latín era dar voltas como un torno. E si, cando vemos aos turistas dando voltas pola rúa do Paseo ou pola Praza Maior, entendemos ben. Están eles de viaxe, palabra que nos chega, seica, do catalán “viatge”, -de viáticum, as provisións para o camiño do día, pois tamén as linguas máis pequenas inflúen. Como esquerda, palabra vasca.

Te puede interesar