A bolboretiña do día | Inundar, asolagar e anegar

descarga
Estes días úsasen moito estes sinónimos. O verbo inundar vén da suma da preposición latina in, (pasar ao interior) máis o substantivo unda, que era onda, e, metaforicamente, auga. Así inundar sería que entrasen as ondas de auga nun sitio. Parecido, pois a alagar ou asolagar. O primeiro comunica a idea de converterse unha zona nun lago e o segundo, aínda máis, pois despois desa preposición inicial a, súmase outra que dá a idea de estar debaixo, sub > so. Así, asolagado é cuberto de auga, como se un estivese metido debaixo da superficie dun lago. Anegar, é máis negativo. Vén dunha ampliación de significado dun verbo latino necare que significaba matar sen usar armas, como estrangular ou afogar. E de afogar a verse cheo de auga por todas partes, pouca distancia hai. Terras inundadas, alagadas, asolagadas ou anegadas, vén ser o mesmo. Lingua rica.

Te puede interesar