Cultura

A bolboretiña do día | Loucos, tolos e atolados

Cultura

A fala dos vellos

A bolboretiña do día | Loucos, tolos e atolados

En todas as linguas hai moitas palabras para os que non rexen ben. En inglés, por exemplo, as palabras usuais son “mad” e “crazy”, como en galego -e portugués- temos “louco” e “tolo”. Curiosamente as dúas son palabras de etimoloxías moi escuras e compartimos unha co castelán: louco / loco. Pero para a maioría de nós, hai unha distinción, unha gradación: “Catro racións de cocido para catro en Valilongo? Ti estás tolo!”, e ninguén se sentiría ofendido. O louco, pola contra, é o paciente carne de psiquiátrico, tantas veces matizada, cariñosamente co afectivo -iño... “Un louquiño”, pois é, si, un que non rexe nada, nadiña pero non é mala xente. O castelán, máis adusto, trataría de “loco” ao das catro racións de cocido. 

En fin, tamén temos o de “atolado” para un que fai “tolerías” que sempre son menos intensas cás “loucuras”... En fin, a riqueza está no matiz. E nós ben de matices temos.