A bolboretiña do día | Meses que se confunden

Na maioría das nosas linguas os nomes cultos destes dous meses (xuño-xullo) provocan equívocos. Cantas veces diríamos: Como? Xuño ou xullo? Porque a proximidade de sons entrambos, en castelán, portugués, italiano -polo menos- pode levar a engano. Junio/Julio, Julho/Junho, Giugno/Luglio, etc. E isto acontece por teren os meses no calendario romano, dedicacións a nomes próximos. O primeiro, á deusa Juno. Si, deusa e acaba en o, pero os romanos á conquista do mundo  non andaban con mixiricadas. Era deusa de boa familia, filla de Saturno, muller de Xúpiter e nai de Marte e Vulcano. E o  nome do mes seguinte ten orixe curiosa. Cando morreu Xulio César (ano 44 a.C) o seu amigo Marco Antonio, en vez de pórlle o nome do defunto a unha rúa, púxollo ao mes que ata aquel momento se chamaba Quintilis.  E como son tan próximos, a xente usou moitas veces, nas linguas neolatinas o dos santos principais: O mes de San Xoán para xuño, o mes de Santiago -ou de Santa Mariña- para xullo.

Te puede interesar