A bolboretiña do día | Os nomes do Zodíaco

undefined
Desde o século XIII en que se escribiu “General Estoria” sabemos que conviven formas cultas e populares do zodíaco. Na versión galega dese tratado medieval, cando ennumera os signos do Zodiaco, sinala que “ao primeiro signo dixeron Aries e tanto quer dicir como carneiro” e así repasa todos. Igual que nos nomes das persoas, (Xosé, Pepe) poden as estrelas ter formas dobres. A forma oficial do Zodíaco que propón a RAG é: “Carneiro Touro, Xemelgos, Cangrexo, León, Virxe, Balanza, Escorpión, Saxitario, Capricornio, Acuario e Peixes, pero tamén admite, como segundas formas, as usuais latinas (Aries, Tauro, Xéminis...). En fin, hai unha asociación de científicos radicais que pide suprimir os zodíacos dos xornais, por incitar a crenzas non científicas. Eu non creo que sexa para tanto. Todos sabemos que a súa fiabilidade é, en fin, bastante discutibles.nso Vázquez-Monxardín.

Te puede interesar