A bolboretiña do día | Pandemía

undefined
Lean vostedes en voz alta: Economía, xeoloxía, caligrafía, anatomía, bicromía, fisionomía, policromía, e, tamén, claro, epidemía, pandemía. Veñen todas dun sufixo grego -ía que fala de cualidade, polo tanto, é lóxico acentuar todas igual, como fan os portugueses. O modelo de referencia para as palabras cultas tal e como recolle a introdución ás normas da RAG, debe ser o portugués. O punto 4 da introdución ás Normas di: “4. As escollas normativas deben ser harmónicas coas das outras linguas, especialmente coas romances en xeral e coa portuguesa en particular, evitando que o galego adopte solucións insolidarias e unilaterais naqueles aspectos comúns a todas elas. Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego. As escollas deben decidirse de acordo cun criterio de coherencia interna, a fin de que o galego común non resulte arbitrario e incongruente.

Te puede interesar