A bolboretiña do día | Pulso e pulo

Días estes de grande pulso informativo. As noticias parece que colleron pulo a finais e febreiro e impulsadas pola guerra téñenos a todos co pulso acelerado. E, de sempre, para ver se unha persoa tiña o pulso acelerado, pousábanselle -e póusanselle- os dedos entre o brazo e a man polo interor, e así nótase como de veloz lle marcha o corazón; se lle late ben, ou se latexa desbocado. Ou, incluso se xa non ten pulso. Mala cousa. En fin, de tomar o pulso nesa zona, pasou a chamárselle á confluencia de man e brazo “pulso”. Os portugueses, claro, tamén din así, aínda que castelanizados eles, admiten “munheca”. En fin, podemos agarrar a alguén polos pulsos, ou botar un pulso a ver que o dobra antes. E nos pulsos, as “pulseiras” eran unha especie de vendas con remedios, antes de pasaren a ser adornos persoais. Ah. E o pulo é sempre veloz: Dun pulo, saltou da cama, por exemplo.  Aínda que se pode tomar con calma e “coller pulo” para facer algo.

Te puede interesar