A bolboretiña do día | Retorno do turismo

descarga (1)
photo_camera descarga (1)
Onte faláballes de turismo e como viña do verbo francés “tourner” que era o noso tornar, de dar voltas coma un torno. E desa raíz “tor-“ tan antiga derivan moitas palabras, tamén con amplas descendencias, e todas teñen que ver coas cousas que andan dando voltas: torneo, tornarratos -esa pedra plana que vai na cima dos pés dos horreos, cabaceiros, etc., para que os ratos non poidan superar, pois non dan andado cabeza abaixo-, tornado, tornillo, torniquete; e, a base de prefixos, contorna, contorno, retorno, trastorno... Incluso, e todos me entenden, se falo dun moble vello moi retorneado... Pois saiban que iso das madeiras “retorneadas”, pasadas moitas veces polo torno de carpinteiro, é expresión galega. Como aquilo de “Abilloei, ei vaca bei, torna ó rego, Marela”, que era como lle animaban ás vacas para que estivesen atentas e fixesen ben dereitiñas as liñas dos espazos arados. Se a alguén se lle ocorre facer o mesmo cun tractor, afalalo para que lle fixese caso, diriamos que non rexe. Ou que lle chove. Que ben cómpre, por certo.

Te puede interesar