A bolboretiña do día | Talibán

undefined

Mouro como sabemos todos é palabra vella que significaba como adxectivo “escuro”, e como substantivo facía referencia dúas realidades: os seres mitolóxicos dos nosos castros e o pobo musulmán. Non tiña ningún sentido pexorativo e mesmo así se autodenominan aínda hoxe os independentistas islámicos do sur de Filipinas. Frente Moro. É clara a relación co norte de África, coa palabra Mauritania. Ten varios sinónimos que xiran ao redor da relixión, do Islam que significa “submisión”, de aí, islámico ou islámica, e tamén, islamita ou islamista, aínda que estas dúas últimas se relacionan co máis radical. Musulmán e musulmá, significan o “sometido á lei de deus” e ten como vella palabra tamén moi usada noutrora “sarraceno e sarracena” que recolle o grego do árabe e significa, simplemente, xente do leste.

Por certo que talibán vén dunha palabra que significa “estudante” e débese usar en singular; así dise “O talibán entrou (ou os talibán entraron) en Kabul. Como saben, Kabul -cuxo primeiro nome foi, casualidades lingüísticas “Chabolo”- é a capital de Afganistán. Todo que acaba en -stán significa en persa “o país dos”. Así que é o país dos afgáns e afgás, que viña significar seica o nome, criadores de cabalos ou algo así. “O pais dos criadores de cabalos”, aínda que hoxe anden a outras cousas.

Te puede interesar