A bolboretiña do día | Televisión e televisor

Hai palabras que parecen gozar de mala saúde. Televisor é unha delas. Cando se puxeron en marcha as televisións, pouco despois da II Guerra Mundial en boa parte de Europa e a partir de 1956 en España, distinguíase perfectamente esa “televisión” -sistema de trasmisión a distancia de imaxes e son...- do “televisor” que era -e é- o aparello polo que vemos a televisión. Dise así nas linguas latinas irmás -castelán, italiano, portugués, catalán, francés- pero agora xa se admite en todas elas que ao aparello tamén lle chamamos “televisión”. E podemos dicir “Baixa a televisión que está moi alta” -cousas de que agora boten o son por detrás cara a parede- e podermos dicir, tamén, sen ser Berlusconis, nin nada parecido “comprei unha televisión” e todo o mundo entende que se trata dun aparello novo. Supoño haberá ambientes en que comprar televisións, signifique iso mesmo, pero, a verdade e que nin en corrupcións nin en altos negocios me movo ben.

Te puede interesar