A bolboretiña do día | Ucrania ou Ucraína?

Ben. A RAG recolle Ucraína para o nome dese país que anda revolto;  e ucraíno, ucraína para os naturais do mesmo. De partida, chama a atención, pois en castelán é Ucrania -cunha terminación en -ia tan frecuente nas denominacións de terras, (Andalucía, Galicia, Cantabria, Libia, Colombia, Australia, etc.), aínda que tamén hai moitos que rematan só en a, como Alemaña, Arxentina, Noruega, Guiana, etc. - e co engadido, en castelán, -ano-a,  para os habitantes; así, ucraniano como americano. E para ver entender a razón da escolla académica debemos ver con eles, como se di noutras linguas.

En todas menos dúas, dise Ucraína ou similar (Inglés, francés, alemán, etc. Ukraine; en italiano, e romanés, Ucraina; en noruegués Ukraina; catalán, Ucraïna. Só o castelán Ucrania  e o portugués Ucrânia se afastan do modelo de respectarlle o i tónico antes do ene e manter así a fidelidade ao nome que se dan e que lle dan os rusos,  Украина, ou sexa, Ukraina (A fronteira). E que deberiamos facer nós? Ir co castelán e portugués ou marchar co resto? Pois escolleuse a unanimidade e a fidelidade ao que eles din.

Te puede interesar