A bolboretiña do día | Enxoito

Dicía un vello refrán: “Non se poden pescar as troitas coas bragas enxoitas”. E as bragas eran desde época romana, (braca) uns pantalóns abombados que usaban os celtas e xermanos por contraposicións ás vestimentas máis clásicas, e así se seguiron chamando por centos de anos. E de aí o refrán, así como non se poden pescar as troitas é “cos pantalóns secos”. Porque enxoito é seco, como sabemos. Pero ten unha orixe distinta á seco -ou seca- da que lles falaba onte. Enxoito é participio irregular do verbo enxugar. E enxugar vén dunha forma latina “exsugere” ou sexa, sacar o suco, o zume do interior de algo. De aí, unha persoa enxoita -enjuta, en castelán- é alguén mirrado, sen máis ca pel e ósos. E enxoito en xeral é unha forma sinónima de seco. De aí un simpático refrán sobre amores de verán “Quérote moito polo tempo enxoito, polo mollado; nin pouco nin moito”.

Te puede interesar