A bolboretiña do día | Afundir e familia

Tristeiros verbos destes días. En castelán, como saben, non existe o verbo “ahundir”, pero en galego temos “fundir” e “afundir” con significados ben distintos. Fundir é proceder á fundición ou fusión de algo “Fundiuse a neve dos cumes” ou como metáfora “Fundíronse nun abrazo”. Afundir é ir para o fondo: “O barco afundiu no mar” ou “catro agarraron o marrau e outro afundiulle un coitelo”.

A palabra “afundimento” vén de aí, do mar, inda que tamén se pode afundir -ir ao fondo- un edificio, claro. Tamén é sinónimo “afondar”. Rosalía, maldicindo un amor, di, despois de tirar cun caravel ao río: “Tan bo camiño ti leves, como o caravel que afondou”. O portugués usa “fundo” (o fundo do poço) como as palabras da familia léxica: profundo, fundamento, fundamental, profundizar. Nós usamos máis fondo, e tamén derivados como afondar -dar máis fondo- a un pozo (para darlle máis metros a un pozo, podemos dicir que hai que profundizar ou afondar máis)  ou a unha idea, pensándoa máis. Tamén desfondar, sacarlle o fondo a algo: “desfondar un cesto” ou metaforicamente, quedar sen forzas, sen fondo físico.

Te puede interesar