A bolboretiña do día | Paz

O último día deille voltas -ou dinlle voltas, como dicimos en Ourense- á palabra guerra, esa que viña dunha fala xermánica do norte de Francia e que estaba lonxe do bellum latino. Pero o certo é que creo que máis ca de guerra, cómpre falar de paz. E paz dise de forma moi semellante en todas as linguas latinas, como saben (pace, paix, pau, paz...)  e isto é así porque vén xa dun latín “Pax” que significaba xa un periodo de calma e tranquilidade entre as nacións ao que se chegaba a través duns mecanismos de paz que eran os “pactos”.

Palabras pois, ambas, relacionadas con cesión duns con outros e boa convivencia. Así, pois, en talín, “pacare” era poñer paz, e dese  latín popular “pacare” de poñer paz, pasou a “poñer paz ou calmar a un acreedor” ou sexa pagar que está próxima. Non sei o que haberá que pagar e a que pactos haberá que chegar pola paz, pero si sei que en ucraíno, ruso, búlgaro, checo, serbio, checo se di igual, Mir, como a estación espacial.  Así, pois, que todos eles asuman o común.

Te puede interesar