A bolboretiña | Ornear e hornear

undefined
Ás veces, claro, as interaccións entre linguas son simpáticas. O tema de “exquisito” en Portugal é un clásico para nós, pois como todos sabemos, non podemos gabar unha boa comida así alí, pois para eles é algo así como para nós “rara” cun sentido negativo. En fin, así, cando eu oio moito en castelán con tanto uso que ten coa actual paixón pola cociña, o verbo “hornear”, sorrío. “Debe de hornear usted el bizcocho media hora”. Como non convén esquecer, para nós ornear é o que fan os burros que en castelán “rebuznan”. E para nós, o seu “hornear” é, claro, enfornar. A forma da fala dos burros da lingua irmá vén dunha forma latina tardía, xocosa, “Re bucinare” ou sexa tocar a “bucina”, a trompeta varias veces. Imaxinamos “Ha ha ha. Xa está o burro tocando a trompeta”. Ao noso “ornear” é máis difícil seguirlle a pista, pois hai quen o ve latino, quen o ve xermánico... e a min, a verdade, tanto me ten. Non penso ornear. De momento, polo menos.

Te puede interesar