A bolboretiña | A pé feito

Ooutro día díxenlle a unha persoa de Vigo que se cumpría, viámonos en Santiago, e eu iría “a pé feito”. E non me entendeu. “Que queres dicir? Nunca oín iso”. Vostede, lector de Ourense, ben saberá que iso significa en linguaxe popular, o que nunha variedade estándar é “a propósito”, e por unha forma máis culta, botando man dun latinismo xa moi popularizado “ex profeso”. Tamén hai quen di “de pé feito”. Por exemplo, “Fun a Vigo a de pé feito (ou de pé feito) para ver o acendido das luces”. E como a min a forma non me presentaba dúbida ningunha, mirei e topo que a totalidade das veces que aparece recollido no XIX e principios do XX, en textos de ourensáns -Lamas Carbajal, García Ferreiro, Prado Lameiro, Eladio Rodríguez-, polo que debe ser forma nosa. É curioso, o dos localismos, palabras locais, algúns entendémolos todos, -como o “ghicho” dos de Vigo- e outros moito menos, ou nada, como “noco” de Cedeira para... o boi, marisco, onde tamén lle chaman “andaricas” ás nécoras.  

En fin, “a pé feito”, para min, é unha expresión ben enxebre. 

Te puede interesar