Agora xa pouco se di “Axuntamento”, aínda que o usase o Padre Sarmiento no século XVIII, e era lóxico por canto a inercia da estrutura do estado falaba de “Ayuntamientos” onde se “axuntaban” os cidadáns. En propiedade, si, ese verbo e palabra derivada, fai referencia só a “xuntanza” ou “reunión”. “Axuntámonos a comer o cocido só os conviventes”, por exemplo. A palabra “municipio” vén doutra vía para significar o territorio e munícipe significaría, “aquel que forma parte dos que teñen deberes ou se esforzan pola comunidade”. En fin, Concello -a mesma palabra só que máis gastada que os “concilios” dos cregos- é a forma máis usual nosa e á que lle debemos dar total preferencia. Usámola para o territorio e para a estrutura de poder. E os que integran o poder local, chámanse concelleiros, que é a forma popular de dicir o que pola culta e latina é “edil”. Por certo que en portugués en vez de concelleiros, din “vereadores” -relacionado cos que se esforzan para que as cousas vaian pola boa “verea”- din. Seica. Mal non viña que así fose.
Buscar
19/feb./21 - 04:23
Actualizado:
19/feb./21 - 00:26
19/feb./21 - 00:26
Compartir
Más en Cultura
MÚSICA
Vetusta Morla hace un alto en su trayectoria: "Si todo va bien volveremos en 2026"
Agencias
25/abr./24 18:50
'ME TOO'
Otras tres mujeres acusan al cineasta Carlos Vermut de violencia sexual
Agencias
27/feb./24 10:25