A cuarta edición do festival 'Espazos Sonoros' traerá a Galicia preto de 30 concertos ata o 22 de outubro

Un total de 27 concertos e tres talleres integrarán a programación da cuarta edición do festival 'Espazos Sonoros, que se celebrará ao longo de toda a xeografía galega entre o 15 de agosto e o 22 de outubro e contará con mosteiros, unha antiga fábrica de conservas, pazos e fortalezas medievais como escenarios das actuacións.
Este festival, organizado pola Consellería de Cultura, 'é unha aposta pola promoción da creación musical en Galicia', tal e como destacou a Xunta nun comunicado. Tamén serve para 'poñer en valor o patrimonio cultural, musical e organístico' e 'levar a cabo un labor de educación do público para a música clásica'.

Nesta edición de 2011, a programación inclúe con 'algunhas das mellores formacións e solistas que desenvolveron o seu traballo en Galicia', ademais de con 'artistas procedentes de toda Europa', como son 'Nova Lux Ensemble', 'A Chimera', 'Rolf Lislevand' e 'Quadriga Consort', entre outros moitos.

Así mesmo, 'Espazos Sonoros conta cun programa afastado do estritamente musical, xa que se incrementará o número de actividades paralelas e talleres nas que o público poderá participar activamente. Neste sentido, está previsto que se celebren unhas xornadas de senderismo no ámbito do convento de Herbón -Padrón (A Coruña)- e Xagoaza -O Barco de Valdeorras (Ourense)-, que finalizarán con senllos concertos, entre outras iniciativas.

O próximo luns 15 de agosto celebrarase o concerto inaugural do festival na igrexa da Venerable Orde Terceira Franciscana, en A Coruña, no que o grupo arxentino 'A Chimera' interpretará o seu programa 'Bos Aires Madrigal', dirixido por Eduardo Egüez.

Te puede interesar