A diáspora galega celebra este domingo os 150 anos de 'Cantares gallegos'

Miles de galegos na diáspora están convocados este domingo a celebrar de forma conxunta os 150 anos da publicación do libro de Rosalía de Castro 'Cantares gallegos'.


Baixo o título 'Rosalía universal', para este evento elixiuse a data de publicación do seu primeiro poema en galego, o 24 de novembro de 1961, 'Adiós ríos, adiós fontes'.

Para iso, a TVG ofrecerá en directo no seu web unha videoconferencia entre Bos Aires e Santiago na que participan diversas personalidades vinculadas á poetisa, antes da emisión do documental 'Rosalía, sombras sen sombra', de José Antonio Durán.

Nesta charla participarán, entre outros, o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; ou o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Te puede interesar