Eduardo Galeano presenta en Santiago o seu último libro

O escritor e xornalista Eduardo Galeano estará o próximo luns en Santiago para presentar o seu último libro, ‘Espejos.Una historia casi universal’. O acto está organizado polo Club Internacional de Prensa.
O escritor e xornalista uruguaio Eduardo Galeano impartirá o próximo luns, no Auditorio de Galicia en Santiago (ás 20,000 horas), unha conferencia na que presentará o seu último libro ‘Espejos. Una historia casi universal’. O acto, organizado polo Club Internacional de Prensa coa colaboración de Editorial Siglo XXI, será presentado polo escritor Manolo Rivas.

Na súa última obra, Galeano, defensor das ideoloxías de esquerdas (polas que estivo encarcerado en Uruguai e perseguido en Arxentina) e o movemento ecoloxista, analiza a historia da humanidade dende as súa orixes ata hoxe dende a óptica dos feitos e das persoas menos coñecidas ou famosas.

O mércores, día 14, Eduardo Galeano estará no Centro de Desenvolvemento de Caixanova en Ourense, ás 20,00 horas.

Te puede interesar