Cultura

Exposición do mapa do siglo XIX que inspirou a Otero Pedrayo

O mapa foi elaborado por Domingo Fontán entre os anos 1817 e 1834

A Casa Grande de Cimadevila, sede da Fundación Otero Pedrayo, acolleu ó mapa elaborado por Domingo Fontán entre os anos 1817 e 1834. "Non existía nada con tal exactitude anteriormente, nin houbo ata case un século despois", afirmou Augusto Pérez Alberti, xeógrafo que participou na xornada de onte.

O secretario da Fundación Otero Pedrayo, Alfonso Monxandrín, afirmou: "Ramón Otero Pedrayo admiraba este mapa que coñecía desde pequeño porque o seu avó tiña un dunha impresión que o mesmo Fontán fixo para os seus achegados". Este mapa conta cun oco destacado na obra "Arredor de sí" de Otero Pedrayo, onde Don Bernaldo llo pide ao seu sobriño. 

Te puede interesar