Unha exposición reúne en Vigo a mellor xoiaría contemporánea de Galicia

A exposición 'Tesouros privados', que recompila pezas que representan o mellor da xoiaría galega contemporánea, abre hoxe as súas portas na estación marítima de Vigo ata o 30 de maio, informou a Xunta nunha nota.
Organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, 'a mostra agrupa unhas duascentas pezas de 38 autores que mesturan composicións tradicionais con apostas máis contemporáneas.

A exposición, que xa estivo en Santiago de Compostela, conta cun espazo dedicado á alta xoiaría, outro á tradicional, outro ás pezas de deseño contemporáneo que parten do clásico e un último dedicado a obras elaboradas en cerámica, papel ou vidro.

Participan na iniciativa Adonis, AI Joyas de autor, Aldo de Marinis, Ana Martínez, Ángel Porto, Ardentia, AreladeFe, Artesanía Pampín, Atípika, Banjoy, Baraka, Candame, Clavo Metal Joyas, Cristina T, Druída, Eduardo Iglesias, Eloy Gesto, Fink, Xoiaría Mayer, Marta Armada, Mayer, Maysil, Obradoiro e Orfega.

Tamén achegaron as súas pezas á mostra Óscar Rodríguez, Plata Nativa, Prataría Alfonso Iglesias, Ramón González, Rosa Higuero, Rosa Méndez, Sánchez-Cano, Sargadelos Compostela, Silvereira, Soledad Mato, Sonia Ares, Unión Xoieira de Bergondo, Xabier de Sousa e Zimzelatum.

Te puede interesar