Falece o académico Xosé Luis Franco

O académico e escritor Xosé Luís Franco Grande faleceu durante a noite deste martes, á idade de 84 anos. O mundo da cultura chora a perda dun dos referentes da loita pola lingua galega e que levaba un tempo cun delicado estado de saúde por mor dunha enfermidade, segundo trasladaron fontes próximas ao autor a Europa Press.

Nacido en Tebra, no municipio de Tomiño, destacou como un gran crítico e ensaísta, ademais de por a súa participación no proxecto da Editorial Galaxia e pola súa asidua produción como articulista en cabeceiras como La Noche, Insua, Aturuxo ou Vida Galega e actualmente como columnista de La Voz de Galicia.

Franco Grande foi tamén o autor de dúas obras de referencia para a lingua galega, como o Dicionario galego-castelán (1968) e o Vocabulario galego-castelán (1972).

Te puede interesar