O festival Amal rexistra un 30% máis de filmes de países europeos e árabes

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal rexistrou ata o momento un 30% máis de filmes propostos para participar na novena edición do certame, informaron hoxe os organizadores.
As películas poden aínda ser sometidas ao concurso ata o vindeiro 15 de xuño para participar na selección da próxima edición dese festival, que se organiza anualmente en outono en Santiago de Compostela por iniciativa da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas.

Entre as propostas presentadas destaca unha forte participación de películas procedentes do Líbano, Palestina, Marrocos, Tunisia, os Emiratos Árabes Unidos, Exipto, Alxeria e Iraq, sinalaron os organizadores.

Tamén subliñaron que por parte europea destacan o número de películas presentadas por autores de Francia, España, Bélxica e Dinamarca, así como dos Estados Unidos de América.

Un 75% das películas recibidas pola Fundación Araguaney son curtametraxes de ficción e documentais, mentres que outro 15% son curtas documentais e o 10% restante son longametraxes de ficción.

O Festival acolle películas producidas ou coproducidas por países árabes ou as que aborden temática árabe, independentemente do seu país de orixe, finalizadas entre 2009 e 2011.

Te puede interesar