O folk de Riobó chega ao Salón Teatro de Santiago da man do ciclo 'ST Música Presente'

O Salón Teatro de Santiago acollerá este xoves, día 26, ás 21.00 horas, a actuación do grupo galego de folk Riobó, que presentará os temas do seu debut discográfico homónimo da man do ciclo ST Música Presente.
Begoña Riobó, unha das violinistas con maior proxección no panorama musical galego, lidera esta formación como primeiro proxecto propio nunha destacada traxectoria artística na que formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane, Anxo Lorenzo e a orquestra folk Sondeseu, entre outras.

Ademais dela, en Riobó participa catro recoñecidos músicos habituais de música galega como Fernando Barroso -guitarra- , Marcos Campos - gaita, acordeón e frautas-, Xosé Liz -bouzouki- e Fernando Pérez -frautas e requinta- .

Promovido pola Consellería de Cultura, o ciclo ST Música Presente iniciou a súa andaina en 2010 coa prioridade de ofrecelo ás discográficas galegas unha nova canle de promoción e difusión dos seus artistas dende unha perspectiva esencialmente comercial a través de concertos para programadores e promotores de festivais, así como para o público en xeral

Te puede interesar