A Fundación Eugenio Granell acolle unha exposición sobre álbum ilustrado danés

A compostelana Fundación Eugenio Granell acollerá dende o próximo día 2 e ata o 26 de marzo unha exposición sobre álbum ilustrado danés realizada en colaboración coa Embaixada Real de Dinamarca en Madrid.
A exposición itinerante, conformada por unha selección dos mellores álbums ilustrados da literatura infantil danesa e producida polo Comité Literario do Consello das Artes de Dinamarca, consta de 30 obras ilustradas, montadas sobre 46 caixas de luz.

En concreto, esta selección abrangue dende pezas de clásicos da tradición do álbum ilustrado, ata exemplos 'transgresores', como o Hamlet ilustrado por Dorte Karrebæk. As pezas máis antigas son de Okker Gokker Gummiklokker e de Arne Ungermann, datan do ano 1943 e as mais recentes pertencen ao ano 2009.

Así mesmo, a mostra, que está comisariada Ainara Bezanilla, leva aparellados un conxunto de actividades sobre a ilustración infantil, a desenvolver durante todo o mes de marzo, orientado a nenos, adultos e familias.

Te puede interesar