Inaugurado en Rosario (Arxentina) o ciclo 'Cinemas de Galicia'

O delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro, e a decana da Facultade de Arquitectura da Universidade Nacional de Rosario, Isabel Martínez, deron comezo este luns ao ciclo 'Cinemas de Galicia', que se proxectará ata o domingo na capital da provincia de Santa Fe.
'Cinemas de Galicia' é unha iniciativa conxunta do Consorcio Audiovisual de Galicia e da Delegación do Goberno galego en Bos Aires co obxectivo de contribuír á internacionalización e á difusión da imaxe dos produtos da industria audiovisual galega e achegalos á cidadanía arxentina e chilena.

Ao longo deste ano, cidades como Comodoro Ribadavia, Mar do Prata, Coronel Dorego, La Plata, Trelew, Porto de San Julián, Santiago de Chile, Valparaíso, Baía Branca e Río Galegos ofrecerán de forma gratuíta e con acceso libre os sete títulos incluídos nesta actividade: 'A noite que deixou de chover', 'Celda 211', 'De Profundis', 'Eloxio dá distancia', 'O Bosque animado', 'Pradolongo' e 'Retornos'.

Te puede interesar