Luís Tosar e Piti Sanz dan a luz a Di Elas, unha banda de cine

Los artistas Luis Tosar (izda) y Piti Sanz, con un sólida carrera en el cine, el teatro y la televisión, durante la entrevista que concedieron a Efe con motivo del lanzamiento del primer trabajo del grupo de rock Di Elas.
Luís Tosar e Piti Sanz, dous artistas cunha sólida carreira no cinema, o teatro e a televisión, deron forma ao primeiro traballo do grupo de rock Di Elas, cuxo álbum de debut está impregnado por 'unha certa melancolía', segundo recoñeceu á Efe o gañador de tres premios Goya.
Javier F. JódarO xerme de Di Elas hai que o buscar en Los Contentos, unha banda de Lugo que facilitou a creación doutras formacións de rock na cidade. O seu líder, Piti Sanz, foi un exemplo para Tosar, quen se declara 'fan e 'groupie'' do músico.

Así xurdiron Loss Huana, a primeira banda da que formou parte Tosar, creada a imaxe e semellanza da de Sanz, con quen compartiu anos despois outros proxectos como The Magical Brothers, que para o artista galego eran 'montaxes teatrais que tiñan música polo medio e cousas de cabaré'.

O grupo 'Di Elas' é a consecución 'dunha serie de acontecementos que tirando os aderezos ao final quedan só en música', explica Tosar, cuxa afección polos escenarios o levou a formar en 2008 The Ellas, un grupo que facía versións das composicións dalgunhas das voces femininas máis representativas.

'A idea estaba máis centrada no directo. Por iso a elección de tocar versións para non nos complicarmos a vida', admite o actor lugués, capaz de interpretar temas de Suzanne Vega, Cyndi Lauper, ABBA e Blondie, entre outras, unha opción que lles serviu para dar cun 'concepto de grupo'.

Ese era 'un camiño divertido e que nos apetecía, mais a banda era seria porque ensaiabamos e tratabamos de o facer o mellor posíbel', engade Tosar, que ten a sensación de que cando hai composición propia 'a cousa ponse máis transcendental'.

Ese momento chegou co quinteto Di Elas, onde Tosar canta, toca a guitarra acústica, a harmónica e compón, un labor que comparte con Sanz, quen recoñece traballar 'ao cincuenta por cento' nas melodías e as letras do álbum.

'Luís é un cantante fóra do normal porque é excepcional', indica Sanz, satisfeito polo resultado final dun álbum gravado case sempre na primeira toma no estudo de gravación. 'O que máis tempo nos levou foi a mestura e a masterización', apunta.

O espírito celta tamén se deixa ver no álbum homónimo de Di Elas, onde caben incluso cantos de orixe irlandesa a cargo de Tosar, que fala dunha certa 'melancolía en todo o disco' que se debe ao tipo de letras e ás músicas do norte.

'Dentro de Galicia, Lugo é especialmente melancólica, será pola muralla', divaga o artista, de 39 anos, imaxe de última campaña turística da Deputación de Lugo.

Menos nostálxica resulta a posta escénica da banda, aínda que o protagonista de 'Celda 211' descartou para os directos de presentación do seu álbum a camisa branca, a gravata negra e os enormes lentes de pasta que tanto el coma Sanz lucían anteriormente. 'Ese 'look' xa pasou á historia. Agora imos máis tipo Johnny Cash', apunta.

Tosar tamén interpreta un músico de rúa no filme '18 comidas', de Jorge Coira, quen dirixe unha película sen un guión estabelecido e aberto á improvisación dos actores.

'É moi duro tocar na rúa mais o que é triste é que se pense en prohibilo', manifesta Tosar, que lembra que a música é necesaria tanto en Santiago de Compostela como en Madrid, unha cidade 'agresiva' onde a única melodía que se oe é a do 'ruído das bucinas, os motores e a maquinaria en xeral'.

En opinión de Sanz, compositor da música de '18 comidas', a cinta de Coira é irrepetíbel. 'Nunca volverei traballar nun proxecto tan interesante no cinema', sentenza o guitarrista de Di Elas, responsábel de transmitir a idea da improvisación á banda sonora do filme.

Di Elas presentará o seu novo traballo no sábado no Circuíto de Xerez, onde terá lugar un concerto que servirá para celebrar a primeira proba do mundial de motociclismo do ano en España.

Te puede interesar