Luis Tosar rodará en Galicia a película 'Galaicus', inspirada na loita entre celtas e romanos

Foto: EP
Deputación e Concello de Ourense participan no financiamento do filme, rodarase en 2012 a provincia ourensana e Lugo
Durante o primeiro semestre de 2012 o actor Luis Tosar comezará a rodar nas provincias de Ourense e Lugo a que será a súa próxima película, 'Galaicus', un filme con guión de Rubén Riós que retrata 'con rigor histórico' a loita entre celtas e romanos.

A película, que conta co apoio de institucións como o Concello de Ourense e a Deputación Provincial, foi presentada este luns nun acto que contou coa presenza do seu guionista, o seu protagonista e personalidades institucionais.

En concreto, durante a súa intervención no acto, Rubén Riós apuntou que a idea xurdiu tras ser invitado para dar o pregón da Festa do Esquecemento de Xinzo de Limia en agosto de 2009 e poder ver directamente os castros, dado que anteriormente 'a idea que tiña de celta só era polos libros'.

Riós asegurou que, tras a visita, chegou á casa e comezou a escribir unha pequena idea' e pensou directamente en Luis Tosar para o papel protagonista.

Pola súa banda, Luis Tosar afirmou que se trata dunha película 'máis ambiciosa' que 'o cinema de autor' porque xira en torno á 'identidade de Galicia', que é 'o que está na orixe do proxecto'.

'Estamos a falar dunha época da nosa historia que foi determinante porque estaban a chocar dúas culturas como a castreña ou celta e a romana', afirmou Tosar, ao tempo que considerou que se trata dunha 'historia que hai que contar'.

RIGOR HISTÓRICO

En particular, o actor destacou o 'rigor histórico' de 'Galaicus', xa que a súa 'grande ambición' é 'retratar' unha 'época e uns feitos' que 'aconteceron' mesturado 'con lendas' galegas.

A nivel de financiamento, destacou que se trata dun dos proxectos 'máis raros' dos que 'se están a dar', dado que están tratando de implicar a 'muchísima xente'. 'Será unha revolta irmandiña cinematográfica', chanceou Tosar.

Te puede interesar