A miniserie galega 'Mar libre 'gaña a Placa de Ouro do Internacional Film Festival Hugo Awards de Chicago

A miniserie producida por Ficción Producións para a TVG, Mar Libre, resultou gañadora da Placa de Ouro na categoría de miniseries de televisión no Chicago International Film Festival Hugo Awards.
Ademais, esta miniserie, dirixida por Dani de la Torre, gañou tamén recentemente o Premio do Xurado do Festival Internacional de Cinema de Houston, o WorldFest 2011 e tres figuras dos premios Mestre Mateo.

Segundo explicaron os seus produtores, Mar Libre continúa así 'sumando distintos premios' en diversos festivais de cinema de Galicia e o exterior, o que 'corrobora a calidade dos traballos audiovisuais' realizados na Comunidade.

Te puede interesar