O Museo Fundación Eugenio Granell únese ao 'bookcrossing'

O Museo Fundación Eugenio Granell unirase, a partir do próximo 23 de abril, á experiencia do "bookcrossing"

Así informou hoxe a Fundación a través dun comunicado en que afirma que o obxectivo desta iniciativa é "fomentar a lectura e a difusión do coñecemento das diferentes disciplinas culturais".

O "bookcrosing" é a práctica de deixar libros en lugares públicos para que outros lectores os recollan e continúen coa mesma cadea, para que os encontren outras persoas.

Todos os libros desta actividade estarán perfectamente acreditados coas súas correspondentes etiquetas en que se inclúen as instrucións necesarias para facilitar ao usuario ou lector a participación na campaña.

Alén diso, tamén estarán rexistrados na páxina da Internet do movemento -www.bookcrossing-spain.com- onde os beneficiarios do proxecto poderán indicar o lugar onde liberarán o exemplar; todo para facilitar a implicación e intervención dos participantes.

Te puede interesar