A música de Malandança e as paisaxes sonoras de Carlos Suárez protagonizan a terceira semana do 'Espazos Sonoros

O festival 'Espazos Sonoros, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, entra na súa terceira semana de programación con dous concertos que permitirán achegarse á música antiga a través da formación Malandaça ou ás paisaxes sonoras do músico e investigador Carlos Suárez.
Segundo explicou o departamento que dirixe Roberto Varela, o recital de Malandança terá lugar no Mosteiro de San Clodio, na localidade ourensana de Leiro, o venres día 2 de setembro ás 20.00 horas.

Neste escenario, a formación presentará o programa 'Mya Senhor Velida', unha serie de composicións marianas dos séculos XII e XIII procedentes de Galicia e Francia, os dous centros principais da lírica medieval.

Pola súa parte, o museo fortaleza de San Paio de Narla, Torre de Xiá en Friol (Lugo) acollerá o sábado día 3, ás 20.00 horas, a proposta innovadora do paisaxista sonoro Carlos Suárez, que dende o colectivo Escoitar.org fai gravacións do campo por toda Galicia, buscando os sons máis interesantes que despois introduce nas súas composicións.

Te puede interesar