Nenos e adultos aprenderán na Cidade da Cultura a crear e tocar instrumentos musicais tradicionais de Galicia

Nenos e adultos aprenderán a partir deste martes a confeccionar artesanalmente e tocar instrumentos musicais moi vinculados á cultura popular galega dentro dos 'Talleres de xoguetes sonoros' que acolle a Cidade da Cultura dentro da súa programación de Nadal.
Así, con materiais como a sedela, as noces, as abelás ou as canas, os participantes fabricarán dende o 'mirlitón de cana' ao 'asuvío de abelá', o 'reque-reque' ou a 'gaita de cana' seguindo as instrucións do músico e mestre Oli Xiráldez.

Os talleres están pensados especialmente para nenos a partir de seis anos e de desenvolverán dende este martes ata o xoves en dúas quendas, ás 11.00 e ás 13.00 horas. Ao final de cada taller, os participantes poderán poñer en común o son dos diferentes instrumentos.

Te puede interesar