Cultura

Nova edición da obra máis relevante de Ben Cho Shey

A casa natal de Ben Cho Shey acolleu onte a presentación do libro.
photo_camera A casa natal de Ben Cho Shey acolleu onte a presentación do libro.

A Deputación de Ourense coedita coa editorial Galaxia o libro "Santa Marta de Moreiras", o máis importante do escritor ourensán Xosé Ramón Fernández-Oxea, Ben Cho Shey. O presidente provincial, Manuel Baltar presentou onte esta publicación na aldea de Caspiñón, en Pereiro de Aguiar, onde Ben Cho Shey foi mestre e creou gran parte da súa obra. 

Baltar destacou esta nova edición da "famosa monografía que relata o sentimento, a cultura, a historia e a etnografía de Ourense e Galicia no século pasado, de máxima vixencia hoxe". Dende o goberno provincial subliñan ao intelectual como "fervente defensor do ensino en galego". 

O presidente de Galaxia, Antón Vidal Andión, destacou do autor que "sempre estivo a dispor de facer desde Madrid os traballos máis difíciles, que eran os de loita contra a censura franquista, e el foi quen conseguiu que teñamos desde o ano 1963 a publicación Grial".

Tamén participaron no acto o presidente do Centro PEN Galicia, Luis González Tosar, e o alcalde de Pereiro de Aguiar, Luis Menor. 

Te puede interesar