Peinador acolle unha exposición composta por 24 fotografías sobre os campos de refuxiados en África

O aeroporto vigués de Peinador acolle dende este mércores unha exposición composta por un total de 24 fotografías sobre os campos de refuxiados en África e que se presenta baixo o título 'Longa espera ata o retorno'.
A mostra, organizada pola ONG Entreculturas, pretende achegar aos visitantes a realidade da vida cotiá de millóns de desprazados vítimas de guerras, persecucións e hambrunas que viven en campos de refuxiados de países como Tanzania, Uganda, Namibia, Kenya ou Etiopía.

As fotografías, 12 imaxes Polaroid e outras 12 que son primeiros planos, poderán observarse no hall de facturación da terminal viguesa ata o 13 de outubro.

Te puede interesar