A bolboretiña do día | Ponte Ulla e Pontevea

Cando un vai pola autopista a Santiago, non moi lonxe do destino,  pode ver un letreiro que sinala a saída á estrada AC-241 para comunicar cos lugares de Ponte Ulla e Pontevea.  E aquí, aparécenos unha dúbida, creo que non ben resolta. Vexamos.  Hai Pontenova e Ponte Nova, Pontenavea e Ponte Freixo e un etcétera que nos leva a preguntar como escribilo, xunto ou separado?. Pero que aparezan ambos nun mesmo letreiro, como o dito de Ponte Ulla - Pontevea chama moito a atención. Sobre todo aos nosos veciños portugueses pois eles resolveron dunha forma curiosa que, obviamente, nos chama a nós a atención cando andamos polo sur: enchendo os topónimos con eses guións aos que son eles tan afeccionados. Aquí, de momento, escríbense conforme a unha tradición local que, creo,  cumpría organizar por algo de coherencia. Como? Como digan os sabios toponimícos; a min, tanto me ten. Pero todos igual.

Te puede interesar