Roi Casal presenta este mércores en Vigo o seu segundo traballo, 'Maxicamente vello'

O artista Roi Casal --ex compoñente de Milladoiro-- presentará este mércores en Vigo o seu segundo traballo en solitario, titulado 'Maxicamente Vello', nun concerto que se desenvolverá a partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal.
O artista Roi Casal -ex compoñente de Milladoiro- presentará este mércores en Vigo o seu segundo traballo en solitario, titulado 'Maxicamente Vello', nun concerto que se desenvolverá a partir das 20.30 horas no Auditorio Municipal.

Segundo explicou o propio Casal, o concerto incluirá temas deste segundo traballo -que ten un total de nove, incluído o que dá título ao disco- aínda que tamén se 'rescatarán' pezas do primeiro proxecto da súa carreira en solitario 'Lendas douradas'.

O artista destacou a súa vinculación en Vigo, posto que foi alumno de Rodrigo Romaní na Universidade Popular, e manifestou a súa satisfacción porque a cidade olívica estea incluída na súa xira, na que percorre outras localidades galegas, de España e tamén chega a Bruxelas.

Pola súa banda, o concelleiro de Cultura, Xesus López, sinalou que este último traballo de Casal se achega máis ao 'pop', mostrando así que en Galicia tamén se fan creacións que van máis alá do encaixe no estilo 'folk'.

Ademais, explicou que a maioría de temas foron compostas polo artista, mentres que outros son populares e o que dá nome o disco é un poema de Manuel María.

As entradas están dispoñibles en taquilla e en www.laboleteria.es a un prezo de 10 euros.

Te puede interesar