A sexta edición do Festival Via Stellae ofrecerá 14 concertos

O Pavillón de Galicia acolleu hoxe a presentación da sexta edición do festival Via Stellae, que terá lugar do 9 ao 22 de xullo en Santiago de Compostela no marco das celebracións do Ano da Música de Galicia e do 800 aniversario da catedral.

Via Stellae programará 14 concertos que integran na súa proposta as orixes das composicións musicais, principalmente no referido á música antiga e ao barroco, e os sons máis experimentais e innovadores.

A directora xerente da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, afirmou que o festival por medio da súa 'especialización preferente na música antiga e barroca ten unha implicación claramente xacobea'.

Triguero, o certame Vía Stellae, e sobre todo a súa sexta edición, 'fomenta a música como actividade vinculada ao Camiño de Santiago para seguir enchendo de valorv engadido a vida cultural compostelá'.

Entre os participantes na edición do ano 2011 de Vía Stellae figuran destacados directores, agrupacións e orquestras, como Christophe Rousset e Les Talens Lyriques, Andrea Marcon e a Orquestra Barroca de Venecia, Giovanni Antonini e Il Giardino Armonico ou Stefano Montanari, a Accademia Bizantina, ademais de solistas e cantantes, como Magdalena Kozena, Ann Hallenberg, Delphine Galou, Maria Grazia Schiavo, Xavi Sabata ou Fahmi Alqhai.

Te puede interesar