Técnicos do Ministerio de Cultura comproban o estado do Claustro de San Francisco de Ourense

O delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, mantivo este mércores unha reunión cos técnicos da Xerencia de Infraestruturas e Equipamentos do Ministerio de Educación na que analizaron a situación do claustro de San Francisco e o proxecto que permitirá o seu acceso.
Na reunión tamén estiveron presentes dous arquitectos redactores e directores da futura obra, José Manuel Casabella e José Luis Martínez Raído, e un representante da construtora adxudicataria, Copasa.

Durante o encontro trasladáronse ata este ben histórico e alí comprobaron o seu estado actual, un paso previo para iniciar proximamente as obras que permitirán o acceso ao claustro unha vez que se levante a acta de replanteo. Esta actuación conta cunha inversión de 208.000 euros.

A execución do proxecto retomouse tras as xestións da Xunta de Galicia e a entrevista que mantiveron recentemente o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e o secretario de Estado de Cultura, José María Lassalle.

Te puede interesar