Un total de 28 artistas e o máis representativo da electrónica actual conforman a II edición de Sonar Galicia

Unha decena de creadores galegos actuarán xunto a outros internacionais

Sónar Galicia ofertará os días 17 e 18 de xuño en A Coruña, na súa segunda edición, un total de 28 actuacións doutros tantos artistas de ámbito nacional e internacional co máis representativo da electrónica actual e a música de vangarda. Tamén contará coa participación dunha decena de artistas galegos.

Os directores do festival, Enric Palau e Ricard Robles, xunto ao conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; a xerente do Xacobeo, Camiño Trigo; Ana Montes, a directora de ExpoCoruña, onde se celebra o evento, e o alcalde de A Coruña, Carlos Negreira, presentaron o contido desta nova edición, coa que se pretende consolidar a 'bicapitalidade' do evento, segundo expuxo Ricard Robles, en rolda de prensa.

Sobre a programación, Robles explicou que, como na edición anterior, o festival xuntase a presenza de diferentes artistas. 'Traeremos o talento internacional máis importante e daremos saída ao galego', apuntou en referencia á actuación nos festivais de Sónar en Tokyo, Londres ou Barcelona de artistas galegos.

ARTISTAS PARTICIPANTES

Pola súa banda, Enric Palau subliñou que xunto á artista británica M.I.A, o grupo Magnetic Man, James Murphy ou Boys Noize, o cartel de Sónar Galicia se completará con artistas ou grupos galegos como Caino & Zinqin, Dj Sith ou o pop electrónico de Colectivo Eiruga. Así mesmo, subliñou a presenza, unicamente na edición en A Coruña, de Radioslave e Martyn.

Four Tet, Underworld, Die Antwoord, Shackleton, Cut Copy, Dj Mehdi+Brodinski serán outros dos artistas participantes, xunto a Buraka Som Sistema ou o trío surafricano Die Antwoord serán outras das propostas.

GRANDES ESPECTÁCULOS

Como na anterior edición, o festival celebrarase entre as 22.00 horas e as 06.00 horas e cunha programación dividida en distintos escenarios. Para o venres, optouse por ofrecer 'grandes espectáculos en directo', mentres que o sábado 'estará máis orientado á música baile', explicou Ricard Robles.

Pola súa banda, o alcalde de A Coruña reiterou o 'compromiso' do Concello herculino con este festival, mentres que o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, destacou que Sónar Galicia 'é máis que un festival de música'. 'É un laboratorio para experimentar, no que se mestura a arte e a música', engadiu.

Así mesmo, recordou que a iniciativa, froito da colaboración entre Avanced Music e a Xunta de Galicia, se enmarca no Ano da Música de Galicia, unha celebración que, segundo sinalou, está dedicada 'aos novos músicos e o industrial musical galego'.

As entradas atópanse xa á venda con prezos que oscilan entre os 35 euros e os 75 euros, cun prezo de 65 euros para o abono.

Te puede interesar