Xosé Manuel Lobato denuncia ‘a destrución da paisaxe galega’ no seu novo libro, 'Retorno a Natura'

O escritor Xosé Manuel Lobato presentará o próximo día 8 de maio na Feira do Libro de Santiago a súa nova obra 'Retorno a natura', na que denuncia ‘a destrución da paisaxe galega’.
Segundo explicou Alvarellos Editora, esta obra trata de ser ‘unha chamada última para salvar a paisaxe galega’ que afonda nun ‘berro contra a destrución do ámbito’ e ‘un clamor con raios de esperanza para soñar cun futuro de apego coa terra’.

Nesta liña discorren as 36 críticas en prosa poética que compoñen a obra. Nas súas páxinas, Lobato percorre diferentes enclaves únicos de Galicia que viven baixo ameaza, tales como Corrubedo, as beiras do Sar, O Caurel, Cortegada, Baroña, Cabo Vilán, a catarata do Xallas e Punta Nariga, entre outros.

Te puede interesar