A Xunta declara BIC inmaterial o conxunto da obra de Castelao

O Consello da Xunta decidiu hoxe declarar Ben de Interese Cultural inmaterial o conxunto da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo 1886-Bos Aires 1950), unha actuación para protexer, conservar e difundir este legado que constitúe o patrimonio de Galicia.

Con esta actuación, sinala a referencia do Consello, recoñécese a obra de Castelao como un dos bens máis destacados do patrimonio cultural galego.

Trátase da primeira declaración do BIC inmaterial de Galicia e tamén a primeira declaración de ben de interese cultural relativo ao conxunto da obra dun autor.

Ademais, a decisión do Consello tómase no ano no que se celebra o 125 aniversario do nacemento de Castelao.

Te puede interesar