O finado Soto Quesada dialogou co seu ídolo, Fernando Vázquez, para un traballo da Facultade

A entrevista que nunca viu a luz

Fernando Vázquez, na súa etapa como técnico do Celta.
15 de marzo de 2008. Campo de Espiñedo. Remata o encontro de rivalidade entre o Arenteiro B e o Cea e a traxedia cérnese nos vestiarios. Alí falece, despois de encontrarse indisposto, José Manuel Soto Quesada, xogador do equipo local.
Ós seus 21 anos, José Manuel cursaba 3º de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela. Xunto ó seu compañeiro Iván Fernández entrevistou ó seu ídolo, o adestrador de fútbol Fernando Vázquez. Ista é a súa reportaxe xamáis publicada: Uns chámanlle o Mourinho de Castrofeito, outros refírense a el como Harry Potter, e os que o coñecen ben simplemente lle chaman Fernando. Poderíamos botar man da doutrina cristiá: tres persoas e unha esencia. Porén, cando se ten a oportunidade de tratar con el cara a cara, falta tempo para que estes prexuízos se derrumben. Fernando Vázquez naceu en Castrofeito, preto de Santiago, un 24 de outubro de 1954. Compartiu infancia con 13 irmáns e foi o que tivo a sorte de estudar. Ademáis de mestre de Inglés, chegou a xogar en 3ª División. Logo daría o salto aos banquiños, dende onde dirixíu ao Compostela, Mallorca, Betis e Celta, entre outros.

Seguir os seus ideais ata as últimas consecuencias, non deixarte influir polo entorno, pola directiva..., tenche creado unha mala fama, coma un rebelde. ¿Considérase por iso un romántico do fútbol? Non, considérome un adestrador máis, que vive dos resultados, cunha formación importante porque me iniciei dende moi abaixo, pero cando chegas ó mundo profesional as cousas cambian moitísimo: tes que obter resultados e non vale para nada nin cómo eres, nin qué pensas, nin cánto vales, nin qué formación tes. Tes que gañar. É o único no que os directivos pensan.

¿Cómo é o paso do fútbol modesto ao fútbol profesional? Compaxinei sempre traballo e adestramento ata que cheguei a Primera división. Era profesor de Instituto e aí deixeino. O cambio non supón nada para un adestrador no seu traballo. Realmente eu entrenaba igual ao Lalín que ao Celta, por exemplo. Hai diferenzas de horario, de posibilidades, de recursos..., La diferenza está especialmente na cantidade de xente segue ao Lalín e ao Celta. Os micrófonos son tremendos en Primeira. En Segunda B ou Terceira non eres ninguén, estás ahí perdido na escuridade.

Regalarlle ao mundo do fútbol xogadores como Joaquín, Eto’o, Tristán, Riera..., ten que ser unha satisfacción...

O máis bonito do fútbol son sempre os xogadores, e moitos chegan a ser amigos. Pasa o tempo e eses rapaces cos que traballaches comezan a destacar, chegan a ser internacionais, pero cando pasan os anos e volves aos seus campos sempre che pegan un abrazo. É unha gran alegría.

Porén, ¿non cre que se che valora pouco a maior parte das veces? Se me valoraran non só polos resultados, senón tamén por dirección, por xestión de recursos, ou por qué capital te inicias nun clube e qué capital deixas logo detrás, eu creo que sería dos adestradores que sempre deixan unha ristra de xogadores mozos moi importantes que son realmente o capital para un equipo de fútbol. E isto non é vanidade. Tanto no Oviedo coma no Compostela, no Mallorca, no Betis, no Las Palmas..., en todos os sitios nos que estiven sempre quedaron mozos dos que moitos deles están agora na elite do fútbol.

¿Tal vez, polo teu xeito de traballar, lle vaian mellor Ligas como a inglesa, por exemplo, onde se confía a máis longo prazo nun proxecto de equipo? Seguro. Un pouco máis de tranquilidade, de paciencia, de proxecto a longo prazo para os adestradores é moitísimo mellor. O problema dun adestrador é que ás veces non ten tempo, e o tempo é a clave para todo, pero no fútbol, para adestrar a un equipo e imbuílo das túas ideas e da túa forma de ver o fútbol leva moitísimo tempo. Isto, desgraciadamente nun fútbol como o da Liga española, e tamén cada vez menos na Liga inglesa, non ten valor, porque o que vale é gañar cada domingo, é o momento actual, o presente.

En equipos coma o Sevilla ou o Español participan cada vez máis rapaces da canteira. ¿Ve posible iso no fútbol galego? Por suposto, aínda que primeiro hai que ver o nivel que hai en cada sitio. En Sevilla aparecen futbolistas debaixo das pedras, hai moitísimo talento. Os rapaces galegos tamén teñen talento, tamén teñen capacidade, pero o fútbol aquí é unha parte máis dunha sociedade en evolución, e polo tanto, o aillamento de Galicia, o retraso económico, cultural e político, en moitos sentidos, tamén afecta ao fútbol. E despois tamén está a vontade política de apostar por eles.

Ás veces, a situación económica é a que obriga.

Efectivamente. Moitas veces acodes a iso, pero non é unha idea que ti tes, é sempre dada polas circunstancias.

A docencia e o fútbol, ¿teñen moito en común? Algo sí. Persoalmente, como técnica de comunicación cos xogadores ou como estratexias de ensinanza, porque o fútbol ten parte de ensinanza, está claro que me valeu moitísimo. Pero hai que diferenciar claramente os dous planos. A ensinanza é formación, non resultados. En cambio, unha vez que estás no fútbol profesional, pídese rendemento, e está por enriba da formación. A diferencia é clara, pero estratexias de comunicación, de dirección de grupo, de dirección de equipo, compártense.

Te puede interesar