SAN MARTIÑO 2017

"A primeira edición foi nas Lagoas"

SANM
photo_camera Julio Fernández, nas pistas de atletismo do Pavillón dos Remedios.

Julio Fernández foi o primeiro organizador da carreira que corenta e un anos despois segue a ser referente do atletismo galego

A historia da Carreira Pedestre Popular San Martiño está ligada ao traballo de moitos anos de Julio Fernández, fundador da proba que cumpre neste 2017 41 anos de éxito organizativo e participativo entre afeccionados e profesionais a nivel internacional.

Cómo foron os comezos da San Martiño?

Antes da primeira edición oficial xa intentamos facer algunha proba similar, pero ao final non se chegou a levalas adiante ata o que hoxe coñecemos como carreira de San Martiño. A primeira edición foi no Polígono das Lagoas, unha zona que de aquelas estaba sen urbanizar. Nese espazo disputáronse as catro primeiras edicións, e logo decidimos levar a carreira ás rúas da cidade, pensamos que era algo importante ampliar o percorrido.  A Praza Maior estaba como punto de referencia, e corríase case de noite. A partir da terceira e cuarta edición a afluencia de corredores empezou a ser grande e a carreira colleu moito impulso, con moita participación de xente de Portugal.

Quén se fixo cargo de esas primeiras edicións?

Foi a xente ourensana da Federación de Atletismo e do Club Athlos os que organizaron a primeira boba. Incluso chegamos a facer un ataque directo á Federación. Cando a proba saíu da Praza Maior  percorría rúas do centro da cidade como Lamas Carvajal ou O Paseo. Logo aumentamos o percorrido a 13,5 quilómetros e apostamos por chegar de xeito directo o perímetro ourensán, percorrendo rúas como avenida de Portugal, subindo a costa da Residencia e chegando ata San Francisco, o barrio de A Ponte e rematando na Alameda. De feito a entrega de premios para os gañadores  realizábase no Palco da Música.

Participou algunha vez na proba coma corredor?

Só corrín nos adestramentos, preparando a carreira con outros corredores e coñecendo o percorrida de primeira man, pero nunca participei na carreira de xeito oficial.  A miña contextura é de lanzador, de preparador, non de corredor. Deixei a organización na 12 edición, e colleuna Joaquín Quintas, do Pabellón.

Cal é  a súa opinión sobre o actual formato da carreira?

A San Martiño pidea o corpo. É unha proba aceptada por todo o mundo, cun apoio total, unha proba coa que se identifican os veciños, a cidade de Ourense e toda Galicia. Hai xente nova impulsando a carreira e levando perfectamente o evento.

Te puede interesar