DERBI GALEGO

Depor -Celta: "Imposible sen ti, pero nunca contigo"

Deportivistas e seareiros do Celta vivirán, de novo e dúas temporadas despois, o derbi galego

Camisetas branquiazuis ou celestes, "o día que me morra" ou "a rianxeira", a tristeza ou a ledicia... Son moitos os enfrentamentos que xenera un derbi galego Deportivo-Celta na Primeira División. Por iso, o partido está declarado de alto risco e a seguridade será máxima na cidade de A Coruña.

"Imposible sen ti" é o vídeo que a Xunta de Galicia fai para promocionar o partido, no que unha familia está dividida entre as cores do Depor e do Celta. En moitas familias o corazón está dividido, como na previa promocional do goberno autonómico. Sen embargo, "Imposible sen ti" tamén habería que engadirlle "pero nunca contigo".

A rivalidade é máxima. O sábado a partir das once e media da noite saberemos quenes son os donos deste primeiro derbi da tempada. As cores dun e doutro mesturaranse no estadio de Riazor coa esperanza de que algún gañe o encontro e ter tempo de profanar a envexa dos rivais.

Te puede interesar